Rincón de Prensa

ANDALUCIA


http://www.20minutos.es/noticia/1013701/0/


COMUNIDAD VALENCIANA


http://www.nnggcv.org/noticia_1106_nnggde_la_Comunitat_Valenciana,_en_compañia_de_Beatriz_Jurado_y_Javier_Dorado,_candidatos_a_la_Presidencia_y_Secretaria_General_en_el_proximo_congreso_de_NNGG,_visitaron_Castellon_y_Calpe,_para_dar__.html


http://www.elperiodicomediterraneo.com/noticias/noticia.asp?pkid=649499






CANARIAS

http://www.canariasactual.com/2011/03/30/beatriz-jurado-candidata-a-presidir-la-organizacion-juvenil-del-partido-popular-a-nivel-nacional/
 
TALAVERA DE LA REINA




VALDEPEÑAS


CÁCERES






SEGOVIA









AVILÉS






AVILA










MURCIA 



COMUNIDAD VALENCIANA








Resaltou a labor levada a cabo polos mozos de Novas Xeracións de Galicia, ós cales presentou como un exemplo de traballo e constancia

Beatriz Jurado presenta a súa candidatura á presidencia de NNGG nacional ante a Xunta Directiva de NNXX de Galicia

·      Inician unha rolda de contactos cos afiliados de tódalas comunidades de cara a conseguir apoios para o congreso que se celebrará os próximos 15 e 16 de abril en Zaragoza
·      Destacou tamén o traballo do Partido Popular na comunidade galega en relación cos máis novos, facendo referencia a iniciativas coma o Plan Xuventude 2013, que destina 900 millóns de euros á xuventude
Santiago, 24 de febreiro de 2011.- Esta tarde tivo lugar a celebración dunha nova Xunta Directiva de Novas Xeracións que contou coa presenza da candidata á presidencia nacional desta organización política xuvenil, Beatriz Jurado.
A actual presidenta de NNGG de Andalucía compareceu ante a Xunta, xunto co presidente de NNXX de Galicia e candidato á secretaría xeral nacional, Javier Dorado, para presentar a súa candidatura a relevar a Nacho Uriarte, iniciando así unha rolda de contactos cos afiliados de tódalas comunidades autónomas de cara a conseguir apoios para o congreso que vaise celebrar os próximos días 15 e 16 de abril en Zaragoza.
Beatriz Jurado resaltou a labor levada a cabo polos mozos de Novas Xeracións de Galicia, ós cales presentou como un exemplo de traballo e constancia, e como unha mostra de como facer chegar a ilusión os xóvenes, tal e como demostraron na convención popular celebrada os pasados 12 e 13 de febreiro en Compostela baixo o lema 'Vente', á que asistiron ó redor de 500 xóvenes.

A candidata á presidencia de NNGG destacou tamén o traballo do PP na comunidade galega en relación cos máis novos, facendo referencia a iniciativas coma o Plan Xuventude 2013, co que o goberno galego, presidido por Alberto Núñez Feijoo, destinará 900 millóns de euros a mellorar a calidade de vida da xuventude en tódolos ámbitos.